Estos días e co gallo do día do libro, estivemos traballando no cole a figura de D. Miguel de Cervantes Saavedra e o seu Quijote.
O traballo en aula culminou cunha visita do Ilustre D. Miguel acompañado de Dna. Dulcinea para averiguar se o alumnado realmente tirara partido do traballo.
Nesta imaxe podedes comprobar como D. Miguel de Cervantes levanta acta de tan mango evento.
Para renderlle homenaxe na súa visita, leuse un capítulo de D. Quijote de la Mancha e o alumnado representou unha coñecida pasaxe do devandito libro.
Don Miguel de Cervantes y Dulcinea del Toboso visitan o centro
Por se vos é de utilidade aquí vos deixamos o material que usamos nalgunhas aulas para traballar D. Quijote de la Mancha. Está en galego, LSE e conta con pictogramas e signos de ARASAAC. Se alguén desexa o arquivo en .doc para editalo que nos avise nos comentarios.
Por diversas razóns que teñen moito que ver coa pobre calidade de conexión a internet do noso centro, levamos certo retraso na publicación das diferentes actividades que desenvolvemos e imos desenvolver no centro.
É a nosa intención poñerlle remedio a esta situación polo que iremos incluindo entradas diversas que tratarán de compartir o xa feito e anunciarvos o que está por vir.
O Conselleiro de Cultura e Educación da Xunta de Galicia visitou o xoves día 15 de marzo o noso centro durante preto de hora e media, percorrendo as aulas de educación especial e os obradoiros de PCPI, así como o centro de recursos educativos. Estivo acompañado na súa visita polo Concelleiro de Educación de Santiago de Compostela e o inspector do centro. Reportaxe sobre a vista do Conselleiro de Cultura e Educación ao CEE Manuel López Navalón
A pasada semana o CEE Manuel López Navalón, conxuntamente co Grupo de Tecnoloxías da Información da ETSI de Telecomunicación da Universidade de Vigo, ven de presentar a web de ACCEGAL, que supón a consolidación definitiva dunha longa colaboración de xa catro anos.
Na web de ACCEGAL poderedes atopar as referencias sobre as aplicacións que imos desenvolvendo, así como proceder á súa descarga.
Atoparedes un enlace permamente á web do proxecto no apartado de Recursos e Descargas.
Presentación o luns 19 de setembro de 2011 ás 10:00 h
Periodo de matrícula do 16 ao 21 de setembro.
Prégase realizar a matrícula o luns 19/09/11
Comenzo ordinario das clases o martes 20/09/11 ás 09:00
Deixámosvos con esta segunda entrega do video-curso “O meu mundo en signos”. Esperamos que vos sexa de utilidade e que nos fagades chegar os vosos comentarios e aportacións.
En sesión ordinaria de claustro celebrada o día 13 de setembro de 2010, acordase, consonte á Resolución do 27 de xullo de 2010, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se determinan os prazos de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan programas de cualificación profesxional inicial e se ditan instrución para o seu desenvolvemento no curso académico 2010-2011; e a Orde de 13 de maio de 2008 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia; a seguinte Admisión de alumnos
Modalidade A
PCPI de Carpintaría
1.Autráns Quintáns, Diego
2.Bertua Fontela, Joaquín
3.Botana Noya, Rafael
4.Castillo Zamora, Marco Antonio
5.Dominguez Ares, Javier
6.Ferreira López, Damián Horacio
7.Fernández Fandiño, Diego
8.Ferrón Lea, Dario
9.García Botana, José Antonio
10.Hernández Simons, Jerson
11.Naveiro Ferreira, Alejandro
12.Romero Garabal, Joshua
PCPI de Cerámica
1.Rocha Pereita, Marcelo
2.Rodríguez Miguens, Vanesa
3.Rodríguez Míguez, Laura
4.Silvar Hermo, Pablo
5.Vilasoa Silva, Brais (7 plazas ocupadas)
PCPI de Producións Agrícolas
1.Carneiro Fernández, Pedro
2.Fariñas López, Rubén
3.García Garea, Alfredo
4.Lence Riveiro, Diego Manuel
5.Lodeiro Guzmán, Ismael
6.Martínez Souto, Mateo
7.Miguez Rey, Michael
8.Silva González, Alejandro
9.Vidal Míguez, Sergio
PCPI de Servizos de Restauración
1.Castro Martínez, José Antonio
2.Feal Gómez, Sergio
3.Gómez Beade, Ricardo
4.Gil Barreiro, Cristian
5.Iglesias Fernández, Yaiza
6.López, Luis Fabián
7.Pombo González, Bibiana
8.Puente López Jonathan
9.Shwarz Mosquea, Markus Rafael
10.Torres Suarez, Santiago
11.Vázquez Rodríguez , Germán (12 plazas ocupadas)
Modalidade C-Mixta (2 grupos multiperfil)
1.Balado Tarrio, Ángel
2.Barral Hermida, Samuel
3.Bouzas Gómez, Pablo
4.Freire Rodríguez, Alejandro
5.Losada Ares, Alejandro
6.Luiero Vázquez, Miriam
7.Pena Vidal, Claudio Manuel
8.Pérez Lemos, Juan Gabriel
9.Pollo Minucci, Guillerme Matheus
Curso de comunicación signada elaborado pola comunidade educativa do CEE Manuel López Navalón para a mellora da competencia comunicativa en LSE e supresión das barreiras de comunicación.
Baixo esta etiqueta imos amosar varios traballo feitos por alumnado de NEE; englobados nos proxecto de REDTIC e Normalización Lingüística, que estamos a levar a cabo no curso 2009-2010.
Trátase de conxugar todos os recursos que posuímos, como poden ser os talleres de PCPIs. Conxuntamente o profesorado e o alumnado promovemos unha labor de inclusión e de mellora da autonomía do alumnado de NEE.