O CEE “Manuel López Navalón” funciona como Centro de Recursos educativos de Audición e Linguaxe. Ofrece, cando conta con dispoñibilidade suficiente de profesorado, un servicio de atención a necesidades de Audición e Linguaxe en réxime ambulatorio para todos aqueles alumnos que polas súas características especiais ou por necesidades do seu centro teñen dificultades para recibir a atención axeitada nos seus centros de referencia.

Asimesmo, ofrecese asesoramento a mestres e pais de alumnos con alteracións da linguaxe. O servicio inclue tamén un banco de recursos de audición e linguaxe (bibliografía, material manipulativo, xogos, software, etc) con sistema de préstamo.
Se vostede e mestre ou orientador e desexa utilizar os servicios do Centro de Recursos, poñase en contacto connosco vía correo electrónico ou telefónico.
Para solicitar a atención ambulatoria dun rapaz ou rapaza, cumprimente o formulario que poderá atopar no apartado de Secretaría Virtual e remitao en formato electrónico ou via fax.
